Welcome to Galén !!!
Os nosos anfitrións daneses
chegaron a Lugo para realizar, durante
unha semana, a segunda parte do intercambio que, xunto cos nosos alumnos, se iniciou no mes de abril en Skive.
Asistiron a clases, diferentes talleres (baile, deportes, literatura…) e realizaron excursións coas que coñeceron a nosa cidade e arredores
(paseo por Lugo, visita ó concello onde nos recibiu a alcaldesa, camiño de
Santiago…). Ademais, conviviron coas nosas familias que sempre os reciben cos brazos
abertos.
O intercambio en Skive foi
tamén un éxito coma sempre, unha viaxe inesquecible para todos, así que agora
tocaba revivir a experiencia en Lugo, en
Galén ; Sen ningunha dúbida, esta
segunda parte tamén foi intensa e emocionante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario