Foi unha semana intensa, chea de actividades, música e moita solidaridade. Como sabedes este ano o proxecto solidario nos permitiu coñecer máis de cerca a realidade dos comedores sociais, neste caso o do "Fogar do Transeúnte", na rúa Diputación, aquí en Lugo. Os alumnos e alumnas de 2º da ESO coñeceron as súas instalacións e foron os encargados de contarnos que é, onde se atopa, que servicios presta e a que persoas está destinado.
Fixemos a colecta anual de roupa, xoguetes e tamén alimentos, que coma foi sempre xenerosa e abundante. Gracias a todos pola vosa implicación!
Realizamos obradoiros: de cociña, elaboramos postais e adornos...
Participamos nas Audicións de Nadal....
Visitounos o Apalpador....
E recibimos a incrible visita das súas maxestades os Reis Magos!!
O pasamos moi ben, e non queremos despedir este primeiro tramo do camiño sen desexarvos unhas moi felices festas!!
Bo Nadal!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario