Un ano máis o Centro Educativo Galén obtén uns
magníficos resultados nos Premios Extraordinarios de Bacharelato. De 20 premios
para toda a comunidade o noso centro conta con dous premiados.
Sabiamos hai días desta nova pero estabamos
agardando á súa publicación no DOG. Manuel Rodríguez Romero e Alexis Otero
González acadaron o premio extraordinario de Bacharelato nas probas que se
celebraron no mes de setembro. Parabéns e moita forza para os premios
nacionais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario