lunes, 2 de mayo de 2016

Nova web de Centro Educativo Galén

Moi boas a todas e todos.

Accedede á nova web            www.centrogalen.com             Agardamos que vos guste.

Pretendemos con esta páxina que todos os visitantes poidan saber quen somos e como entendemos a educación, ademais, pódese acceder a toda a información que nace no Centro.
Desprazándose  cara a abaixo accédese aos dous vídeos  de presentación do Centro e ás últimas noticias, podedes atopar as mesmas clasificadas por etapas ou diferentes categorías no menú superior Noticias.
No menú superior pódese acceder a diferentes menús clasificados en Proxecto educativo Instalacións e servizos, ambos os dous subdivididos noutros que permiten coñecernos en profundidade. Ademais, accédese a Admisión e Contacto. Tamén, podedes ver esta páxina en castelán.
Atoparedes o acceso ás nosas redes sociais nos iconos situados ao fondo da páxina: Canle de vídeos de Youtube, galerías de Flickr, Twitter e Facebook, estas dúas últimas podedes seguilas, tamén, na páxina de Noticias, na columna da esquerda.
Os blogs das diferentes etapas aínda que continúan abertos deixarán de ser actualizados, todas as novas estarán recollidas nestas páxinas e nos Muros do Centro en Facebook e Twitter.
Os blogs de Urban English Camp, English Summer Camp e Viaxe a Broadstairs recollerán información destas actividades durante a celebración das diferentes actividades. A información xeral estará recollida nos blogs e na nosa páxina, onde xa podedes vela.
Os blogs de Aula Natureza Trevia e Cantarela Escola de Música deixarán de estar operativos e todas as novas xeradas recollerémolas na nosa páxina.
Agardamos que vos guste a nova páxina.

viernes, 22 de abril de 2016

Calendario exames BAC




CALENDARIO EXAMES 2º BAC / 2º PARCIAL

MAIO
2
3
4
5
6




MÉTODOS
DT
9
10
11
12
13
INGLÉS
FILO
LC
LG
XEOGRAFÍA
CCTT

16
17
18
19
20
LETRAS GALEGAS
LETRAS GALEGAS
QUÍMICA
ELECTRO
          ARTE
MatCCSS
BIOLOXÍA
FÍSICA
ECO
LU

HISTORIA
23
24
25
26
27
MATES
















CALENDARIO EXAMES 1º BAC / 1º PARCIAL

MAIO
9
10
11
12
13

INGLÉS
BIOLOXÍA
DT
ECO
LU
TECNOLOXÍA

LG
16
17
18
19
20
LETRAS GALEGAS
LETRAS GALEGAS
LC
FILOSOFÍA
FQ
HISTORIA
23
24
25
26
27
MatCCSS
LATÍN
MATEMÁTICAS








CALENDARIO EXAMES 1º BAC / 2º PARCIAL

XUÑO
6
7
8
9
10


BIOLOXÍA
DT
ECONOMÍA
LU
TECNOLOXÍA
CULT. CIENTÍFICA
LG
13
14
15
16
17
FQ
HISTORIA
INGLÉS
LC
FILOSOFÍA
MATEMÁTICAS
MatCCSS
LATÍN



jueves, 24 de marzo de 2016

25 de abril, Xornada de Portas Abertas.



Estades todas e todos convidados á nosa habitual Xornada de Portas Abertas que celebraremos o vindeiro sábado 2  de abril, de 10.30 a 14.00, poderedes coñecer noso novo proxecto para a Ed. Infantil: Galén Nursery School e o noso proxecto educativo da man do profesorado do Centro. Ademáis haberá unha exposición interactiva de xogos matemáticos, un taller de abalorios, teatro en inglés para nenos e nenas e no Centro estará montada a exposición da Semana da Ciencia, este ano ao redor da atmósfera. Vinde.

Calendario preselectividade.

 
 


martes, 16 de febrero de 2016

CALENDARIO EXAMES 1º e 2º BAC – 2º Parcial Febreiro/Marzo


CALENDARIO EXAMES 1º BAC –2º Parcial

29
1
2
3
4


LC
ECO
BIOLOXÍA
DT
LU
LG
7
8
9
10
11
MATES
INGLÉS
FILO
MAT CCS
LATÍN
HMC
FQ

14
15



TECNO.
CULT CIENTÍFICA





CALENDARIO EXAMES 2º BAC –2º Parcial

29
1
2
3
4
LC
BIOLOXÍA
FÍSICA
MatCCSS
LU
CCTT
DT

LG
FILO
7
8
9
10
11
INGLÉS
MATES
XEOGRAFÍA
QUÍMICA
ELECTRO
ECO

MÉTODOS
ARTE
HISTORIA

domingo, 7 de febrero de 2016

Galén Nursery School

Galén Nursery School é o nome do noso novo proxecto educativo para a Educación Infantil. Presentámolo na Casa do Saber, no adro da Catedral o vindeiro venres 19 de febreiro ás 19.00, estades todas e todos convidados e, ademais, iremos contando algunhas novidades estes días.

sábado, 6 de febrero de 2016

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO



Alexis Otero González e Manuel Rodriguez Romero alumnos de 2º Bac de Centro Educativo Galén recolleron o martes 2 de febreiro o seu premio extraordinario de Bacharelato, para acadar este galardón superaron varias probas para as que é necesario obter un 8’75 no Bacharelato. Son dous dos vinte alumnos e alumnas premiados de Galicia e único centro da provincia de Lugo con dous alumnos premiados. O acto desenvolveuse en Compostela, no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura.
Parabéns!




ENTROIDO 2016

O pasado venres celebramos en Galén a nosa festa de Entroido. O tema sobre o que traballamos este ano foron os contos populares, e así o noso cole se encheu de ratiñas, bruxas, piratas, bailarinas, soldadiños de chumbo, animais, músicos, .... un sinfín de personaxes, que aos maiores nos lembraron esos mundos de maxia e fantasía que agora compartimos cos nosos fillos e fillas. Aquí vos deixamos o enlace a galería de fotos, onde poderedes gozar dalgunhas das imaxes que nos deixou esta divertida xornada.
Feliz Entroido!!


ENTROIDO 2016

viernes, 22 de enero de 2016

25 xaneiro, Xornadas Universidade



O día 25 de xaneiro,  o Centro Educativo Galén organiza no propio centro, as Xornadas Informativas sobre Estudos Universitarios.

Durante as xornadas, representantes de universidades de recoñecido prestixio, tanto públicas como privadas, informarán polo miúdo e de maneira personalizada, ao alumnado de 2º de BAC e ás súas familias, das diferentes opcións universitarias ofertadas polas mesmas.


Achegámosvos o horario das mesmas cos seguintes horarios de atención persoalizada.  Durante esta semana, no blog de bacharelato, confirmaremos as Universidades asistentes.


  • Para o alumnado:

- De 13:20 h a 14:20 h. Taller Universitario.
- De 15:20 h a 17:00 h. Información das diferentes Universidades.

  • Familias:

- De 17:00 h a 18:30 h. Recollida de información das Universidades.


LUGAR:    BIBLIOTECA E AULA DE DEBUXO DO CENTRO
HORA:     17.00h A 18:30h
ACTO:      PRESENTACIÓN INFORMATIVA ÁS FAMILIAS.

LUNS, 25 DE XANEIRO


  • Universidade de Santiago de Compostela.

  • Universidade da Coruña.

  • Universidade de Vigo.

  • Universidad de Navarra.

  • Universidad de San Pablo  CEU.

  • Universidad Europea Madrid.

  • Esade.

  • Universidad Pontificia Comillas ICAE-ICADE

  • Universidad de Glion.

  • Centro Superior de Hostalería de Galicia.

  • Escuela de Negocios A Fundación.

  • Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia.

  • Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños Canles e Portos (Universidade da Coruña)

  • Traballo Social (Santiago de Compostela)

  • E.U. de Relacións Laborais de Lugo.

  • Marcelo Macías (A Coruña).