miércoles, 15 de mayo de 2013

VISITA Ó REXISTRO MERCANTIL DOS ALUMNOS DE ECONOMÍA.

 

Os alumnos de Economía de BAC visitaron o Rexistro Mercantil de Lugo.
A saída, moi interesante, está relacionada co estudo das Contas Anuais das Sociedades.
Amablemente María, a rexistradora, e todos os seus traballadores, despois dunha explicación do proceso de depósito das mesmas ensináronlles e proporcionáronlles diverso material real e indicáronlles o proceso para poder consultalas.
Os alumnos, que coñecían a materia, posto que forma parte do programa, resolveron todas as súas dúbidas e valoraron positivamente a actividade.










No hay comentarios:

Publicar un comentario