viernes, 21 de junio de 2013

PROBAS SELECTIVIDADE

             Parabéns a todos os rapaces e rapazas polos excelentes resultados acadados na selectividade.     


             Parabéns a todos os rapaces e rapazas polos excelentes resultados acadados na selectividade. Esforzástesvos moito durante toda a vosa escolaridade e todos e todas acadastes os vosos obxectivos que, tamén, son os nosos. PARABÉNS. Deixámosvos o enlace á nova do xornal El Progreso no que recollen unha reportaxe sobre os mellores resultados de selectividade. Entre eles e na foto aparece Gabriel Carral López que acadou un 9,60 na fase específica, outros catro alumnos superaron o 9 de media: Ignacio González Rodríguez, David Pérez Piñeiro, Balder Anxo Rivas López e Martín Rodríguez Gayoso; estes cinco alumnos terán un recoñecemento pola USC o vindeiro 4 de xullo en Santiago. Novamente PARABÉNS.
      




No hay comentarios:

Publicar un comentario