lunes, 31 de marzo de 2014

TEATRO CLÁSICO

                                                       XIV Mostra de Teatro Clásico de Lugo 2014 en Lugo

           
O pasado luns 24 e mércores 26 de marzo, o alumnado de Latín de 4º ESO e o de Grego e Latín de 1º BAC asistimos no Auditorio Gustavo Freire á representación de dúas traxedias clásicas, ambas do autor grego Eurípides: Hipsípila e Troyanas
Hai que destacar o esforzo e bo traballo dos grupos de teatro escolar que foron os encargados de representar estas obras. A adaptación que fixeron para a nosa idade foi moi boa, tendo en conta que as traxedias gregas son densas moi densas no seu contido.

Asistiron centros de moitos puntos de Galicia e incluso de fóra, e tivo lugar dentro do programa do Festival a entrega de premios do concurso Odisea 2014, no que tamén participamos no seu momento alá polo mes de febreiro, o cal nos valeu para ampliar os nosos coñecementos sobre Cultura Clásica, ao tempo que manexamos os medios informáticos para buscar a información.

No hay comentarios:

Publicar un comentario