domingo, 21 de diciembre de 2014

NADAL EN GALÉN

E rematamos o primeiro trimestre. Foron tres meses intensos, novas amizades, moito traballo e moita emoción. "Andando a terra" encheu de emoción e orgullo os nosos corazóns: estamos moi orgullosos de todos os nosos nenos e nenas, agora xa grandes artistas, e desexando poder recrealo  e visionalo en canto a TIC finalice o gran traballo que seguro ha facer coas imaxes que tomaron. Xa nos adiantaron algo cun vídeo colgado na rede :




Pero non esquecimos os nosos deberes coa solidaridade: os rapaces e rapazas de 2º da ESO realizaron unha gran labor no Banco de Tapóns de Lugo. E recollimos bastante roupa e xoguetes para a súa doación á Asociación de Veciños da Milagrosa, a todos moitas grazas pola vosa colaboración.

A Escola de Música Cantarela levou a cabo o seu concerto :




E todos e todas participamos nos obradoiros de Nadal elaborando tarxetas para a nosa familia e amigos.




Apalpador e Reis Magos non esqueceron pasar por Galén para felicitarnos as festas, e como non, para agasallarnos con algúns xoguetes e libros:


DSC_1080 (Copy)


Foi unha semana moi intensa...... Disfrutade das vacacións e FELICES FESTAS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario