miércoles, 23 de diciembre de 2015

Felices Festas!!

A piques estamos de rematar o 2015 e queriamolo despedir convosco compartindo este vídeo protagonizado polos nosos nenos e nenas de EI e as súas familias. Nel lle cantan ao Apalpador. A letra é de  Xurxo Valcárcel e foi musicado polo noso profesor de Música David Vilas. Nel colaboraron ademáis Abrigueiro Estudios, os músicos Santi Cribeiro e Guillerme Fernández   e os nosos músicos da Escola Cantarela... a todos eles grazas, o noso máis sincero agradecemento, e en especial ás familias de EI, pola súa xenerosa implicación neste proxecto e por contribuír cos seus fillos e fillas na realización desta fermosa felicitación de Nadal. 

Felices festas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario