martes, 15 de diciembre de 2015

SAÍDA A UNITOUR






Durante o curso 2015/2016 realizarase a 10ª edición  de UNITOUR. Despois do éxito dos anteriores nove anos, converteuse nun referente como orientación para aconsellar e guiar na elección dos estudos.

"Nestes 9 anos  axudamos a máis de 150.000 alumnos/as"

UNITOUR é un lugar de encontro para axudar os alumnos a deseñar  a súa carreira futura facendo unha boa  elección  en cuestións fundamentais coma , o que ?, Onde estudar? Unitour realizase cada ano de novo para axudar a facer a elección axeitada.

"Máis de 700 escolas cada ano confian en UNITOUR"

Poderanse informar de  todo o que ofrecen as Universidades públicas e privadas participantes así como tamén sobre Ciclos Formativos. Explicaranlles todo o que lles interese de cada Grao ou Universidade.Daranlles información sobre o acceso, bolsas de estudo, programas, acordos internacionais,bolsas de  prácticas ...

"En UNITOUR O máis importante é a decisión do alumno, tentamos axudarlle"


As universidades e escolas estarán nun cuarto, cada un terá un espazo con  información, e cada alumno, poderá ter  un contacto directo e personalizado, a fin de dirimir calquera dúbida que poida ter sobre a oferta universitaria presentada.


                                                                 Universidades participantes

No hay comentarios:

Publicar un comentario