domingo, 2 de noviembre de 2014

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO CAMPUS DE LUGO

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

1.       MARTES 4 DE NOVEMBRO. XORNADA DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA (DE 17 A 20:30 H)

Ese día, Proxéctate en Galego organiza un programa de actividades que buscan achegar a ciencia, e nomeadamente o traballo que se fai desde o Campus de Lugo, aos habitantes da cidade.

Comezarase ás 5 DA TARDE cunha VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN _SENSORES_, organizada por IGACIENCIA na Deputación Provincial de Lugo.
 Trátase dunha mostra de obras artísticas que evolucionan co tempo, e que interactuan co espectador grazas a unha serie de sensores que recollen as súas reaccións e movementos.
 Para asistir, só compre achegarse 10 minutos antes das 5 da tarde pola praza da rúa de San Marcos (diante do edificio da Deputación).

A partir das 6 E MEDIA, no Auditorio da Casa do Saber (edificio da Vicerreitoría -praza de Pío XII-) dous docentes deste campus contarannos cousas sobre robots e sobre navegación espacial.

* Roberto Iglesias, do Dpto. de Electrónica e Computación falaranos de "O nacemento dunha nova xeración de robots"
 E acabará, máis ou menos ás 7 menos cuarto, cun Obradoiro de robótica.

* Manuel Andrade, profesor de Astronomía e Astrofísica levaranos "Da maçã de Newton à sonda espacial Rosetta".
 E ao remate, se o ceo nos deixa, achegarémonos á Muralla para facer unha Observación astronómica e -literalmente- ver as estrelas.

Máis información no sitio web de Proxéctate en Galego [1].

2.       SÁBADO, 8 DE NOVEMBRO. EDITATÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO (DE 10:30 A 18:30 H)

Este día, a partir das 10 e media da mañá, a Biblioteca Intercentros, a Galipedia e Proxéctate en Galego organizan o primeiro editatón que se celebra en Galicia, no que tamén colaboran Wikimedia España e Nerd Nites Santiago de Compostela, e que elixiu como tema de traballo o Día da Ciencia en Galego.

Un editatón é unha reunión na que se xunta xente (física ou virtualmente) para mellorar os contidos da Wikipedia sobre un tema en concreto.

A sede do evento é a Biblioteca Intercentros e trátase dunha grande oportunidade co coñecer de primeira man como se organiza o traballo na Wikipedia, e de implicarse nese proxecto contribuíndo a mellorar os seus contidos.

A xornada de traballo vaise dividir en sesións de mañá e tarde, e vai ser posible asistir a elas por separado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario