lunes, 3 de noviembre de 2014

XORNADA DE EMERXENCIAS E SIMULACRO

               Todo o alumnado do Centro Educativo Galén participou no simulacro de incendios e evacuación en tempo real. Neste simulacro todas as forzas de seguridade cumpriron co que farían no caso de que o lume fose real.
               O persoal sanitario atendeu aos feridos que o precisaron, os Bombeiros evacuaron aos feridos e apagaron o lume mentres que a Policia Nacional e Proteccion Civil controlaban a zoa. No patio instalouse o  ¨ hospital de campaña ¨ para atender a todos os feridos. As ambulancias trasladaron a Centros de Saúde da cidade e ao Hula aos feridos mentres que a Garda Civil e a Policía Local controlaban a operación.
                Previamente ao simulacro todo o alumnado puido asistir á exposición de vehículos, observando todo o material co cal estaban dotados e o seu funcionamento. 
                    O alumnado de ESO e BAC tamén puido participar nesta xornada nun curso sobre técnicas de reanimación cardiopulmonar para coñecer como actuar no caso de atoparse a unha persoa en parada cardiorrespiratoria.

 Aquí podedes ver algunhas imaxes da xornada.     Galeria fotográfica da xornada

Os medios de comunicacíon tamén seguiron a xornada        El Progreso
                                                                                          La Voz de Galicia
                                                                                          TVG min 14 e 30

No hay comentarios:

Publicar un comentario