domingo, 27 de septiembre de 2015

INTERCAMBIO DINAMARCA 2015-16

2015-09-21 13.56.20

Welcome to Galén !!!

        Os nosos anfitrións daneses chegaron  a Lugo para realizar, durante unha semana, a segunda parte do intercambio que, xunto cos nosos alumnos,  se iniciou no mes de abril en Skive. Asistiron a clases, diferentes talleres (baile, deportes, literatura…)  e realizaron excursións  coas que coñeceron a nosa cidade e arredores (paseo por Lugo, visita ó concello onde nos recibiu a alcaldesa, camiño de Santiago…). Ademais, conviviron coas nosas familias que sempre os reciben cos brazos abertos.


        O intercambio en Skive foi tamén un éxito coma sempre, unha viaxe inesquecible para todos, así que agora tocaba revivir a experiencia  en Lugo, en Galén ; Sen ningunha dúbida,  esta segunda parte tamén foi intensa e emocionante.


No hay comentarios:

Publicar un comentario