sábado, 3 de octubre de 2015

SAÍDA AO COUREL


       
          Outro ano mais o alumnado de 1º BAC de Galén participou da visita ao Caurel. Puidemos gozar neste fantástico entorno natural percorrendo parte da Rota da Devesa e de parte da rota de Uxio Novoneira. Un roteiro fantástico no que o tempo parece que percorre mais lento, no que gozamos de vistas, cores e sons que quedarán no recordo de todos nós.


          Despois dunha boa cea, a música tradicional amenizou a velada nocturna. Profesorado e alumnado tocaron e cantaron ata que despois da longa xornada o corpo empezou a dicir que necesitaba descanso.  Foi o momento perfecto para deitarse e descansar. Á maña seguinte  erguémonos cedo para deixar todo recollido, almorzar e despois visitar o Cebreiro antes da nosa chegada a Lugo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario